“O estudo da historia de España é esencial para o coñecemento e comprensión do noso pasado senón tamén do mundo actual”. Con esta frase ábrese a introdución do currículum oficial na Galiza da materia de Historia de España de 2º de Bacharelato.
Pois sobre esta materia, a historia de España, a historia da Galiza no ensino obrigatorio, vai este episodio. Reflexións xurdidas no novo proxecto no que andamos metidos, o podcast Historia Take Awake e agardamos que gostedes del.
Recursos citados:
- Afonso Raimundez, Alfonso VII
- O adoutrinamento da materia de historia en Cataluña: libro de 3º da ESO “donde se critica la colonización española en América“??, e máis explicando o tema desde a web do ABC, ou de La Gaceta, falando non só da historia, senón de todo o sistema educativo.
- Currículum da materia de Historia de España de 2º de Bacharelato.
- Circular da CIUGA. Historia de España – Directrices ABAU 2019
Acompáñanos nesta viaxe ao 2º de Bacharelato da LOMCE.
- Oe ou descarga o audio do episodio en spreaker:
- Oe ou descarga o audio do episodio en ivoox.
- Oe ou descarga o audio do episodio en iTunes.
- Descarga directa do mp3.
Ademais destas plataformas de podcast, quen o así o preferiren, poder ouvir este episodio a través da nosa canle en Youtube.
CRÉDITOS (todas as obras utilizadas distribúense baixo a licenza Creative Commons):
Música da sintonía: http://audionautix.com/ (The voyage, PennyWhistle, TriumphantReturn).
Imaxe: Códice Albeldense ou Vixilano (detalle do folio 428 do mesmo), onde se representa aos reis visigodos Chindasvinto, Recesvinto e Éxica.