Presentación

logo-take awayPresentación de Historia Take Away, o podcast que saca a historia das aulas para que a leves e a escoites onde ti quixeres. Nesta primeira xeira imos presentar os contidos da materia de Historia de España de 2º de Bacharelato. Atoparás todos os temas e os conceptos dos que te van examinar en neste curso e nas probas ABAU.
Xa sabes que a materia de Historia de España de 2º Bacharelato é bastante densa. Abóndache con mirar o tamaño e o peso do teu manual. Se o tiveses todo no móbil, non sería máis doado?
Aquí comezamos. Escoitando Historia Take Awake poderás:

  • Acceder aos contidos da materia de Historia de España de 2º de Bacharelato alí onde ti quixeres.
  • Escoitar os contidos da materia mentres estás a facer outra cousa: viaxar no bus, agardar na cola da compra, ir de camiño a unha cita, estar tirado no sillón da teu cuarto coa luz apagada.
  • Avanzar ao teu ritmo. Darlle para diante, para atrás, ou repetir aquelas partes que non entendeses.
  • Fixar o aprendido. Os estudos dinnos que a escoita axuda máis a fixar os novos contidos que a simple lectura.

Por que vas limitar o teu tempo de estudo a cando teñas contigo o manual da materia ou os apuntamentos da clase? Por que vas ter que ir cargado cun pesado libro? Por que non lle vas dar un novo uso a ese móbil que levas sempre contigo? Faino un aliado nos teus estudos. Por que non vas aproveitar eses momentos mortos que sempre temos e que podes aproveitar para non andar agobiados a última hora?

Xa o sabes:

  1. Todos os contidos, temas e conceptos, da materia de Historia de España de 2º de Bacharelato na túa man. Subscríbete ao podcast “Historia Take Awake”. Poderás atopalo en Itunes, Apple Podcast, Ivoox, Google Podcast e mesmo en Youtube.
    2. Entra neste blog. www.facemoshistoria.wordpress.com, e accederás a todos os audios, así como a outros materais sobre os temas tratados.
    3. Únete a esta cita semanal coa historia.

Acompáñanos, e leva a historia onde ti quixeres.

Escoita o meu podcast

Descarga directa do mp3

Ademais destas plataformas de podcast, quen o así o preferiren, poder ouvir este episodio a través de youtube.
Presentación do podcast

CRÉDITOS (todas as obras utilizadas distribúense baixo a licenza Creative Commons):

Música da sintonía(todo baixo licencia Creative Comons: recoñecemento 3.0): District Four, de Kevin MacLeod (www.incompetech.com)

 

About José Antonio Martínez

Deixa un comentario

Previous

Mínimos para unha historia de Galiza

Unha, grande e libre: a Historia de España en 2º de Bacharelato

Next