Neste primeiro episodio achegámonos á Europa do século XVIII e falamos sobre as produndas transformacións que se van producir e que atinxen a todos os ámbitos (sociedade, política, economía, etc.). Estamos ante unhas mudanzas de tal importancia que supoñen a fin dunha era, coñecida como Idade Moderna ou Antigo Réxime
e o inicio dunha nova, a Idade Contemporánea. Unha auténtica revolución, é dicir, un cambio radical, unha modificación da sociedade, a fin dun mundo e o comezo doutro. Mais para comprendermos as mudanzas que se van vivir neste século e no comezo do seguinte, cómpre entendermos as características fundamentais do Antigo Réxime: non podemos saber o que muda sen comprender o que había antes.
Acompáñanos nesta viaxe ao século XVIII:
- Oe ou descarga o audio do episodio en spreaker:
- Oe ou descarga o audio do episodio en ivoox.
- Oe ou descarga o audio do episodio en iTunes.
- Descarga directa do mp3
Ademais destas plataformas de podcast, quen o así o preferiren, poder ouvir este episodio a través de youtube.
CRÉDITOS do episodio:
Música da sintonía: http://audionautix.com/ (The voyage, PennyWhistle, TriumphantReturn).As músicas de Facemoshistoria: https://musopen.org/
- J. S. Bach, Capriccio en E major, BWV 993.
- J. B. Lully, Gavotte.
- J. B. Lully, Le bourgeois gentilhomme, LWV 43.
Imaxe da entrada do blog, cortesía de wikimedia commons.