Aínda que pareza paradoxal, o século XVIII foi un século de crise, mais tamén de desenvolvemento económico. Porque como etimoloxicamente indica a palabra, a crise foi unha mudanza, un cambio dunha estrutura social, económica política e cultural, que xa non era capaz de dar resposta ás necesidades da poboación.
crise
#01.01. Crise, e que crise! A fin do Antigo Réxime
Neste primeiro episodio achegámonos á Europa do século XVIII e falamos sobre as produndas transformacións que se van producir e que atinxen a todos os ámbitos (sociedade, política, economía, etc.). Estamos ante unhas mudanzas de tal importancia que supoñen a fin dunha era, coñecida como Idade Moderna ou Antigo Réxime