A Ilustración foi un movemento intelectual e cultural que nace a mediados do s. XVII, tendo o seu apoxeo no XVIII, até o punto de ser este considerado como o século das Luces ou o século da Ilustración.
O século XVIII supón o principio do fin do Antigo Réxime e os pensadores ilustrados van xogar un papel fundamental nesta mudanza, nesta transformación revolucionaria. Unha cousa é saber que o sistema do Antigo Réxime non era un sistema capaz de responder ás necesidades dunha poboación en crecemento, cunha economía eminentemente rural, unha sociedade estamental organizada a partir dunha minoría que gozaba de enormes privilexios, e cunha xestión do poder que ten a súa máxima expresión na monarquía absoluta, é outra artellar a reflexión que expliquen as eivas do sistema e, sobre todo, abrir as vías cara a realidades alternativas. E isto van facer os/as pensadores ilustrados.
As/os ilustrados apelan á razón, o uso da intelixencia, como base para un novo xeito de ver a vida, de se situar no mundo. Están convencidas de que as súas propostas son eficaces para coñecer e facer mellor o mundo, a sociedade na que viven. Manteñen a fe, mais unha fe baseada na razón, unha fe no progreso. Entenden que a ciencia e a técnica son o camiño para a mellora e o avance da humanidade. Defenden que o ser humano é bo por natureza e que está neste mundo para ser feliz. O desenvolvemento da razón fará posible este progreso, este benestar, o que en si mesmo é a transformación da sociedade. Teñen fe, no progreso e na consecución da felicidade, un dereito do ser humano, un fin en si mesmo.
Móveos un grande desexo de coñecemento, mais tamén a necesidade de dar a coñecer o aprendido. Así, a mellor defensa que poden facer do uso da razón é fomentala e difundila.
Proxectos como a Enciclopedia, promovida polos franceses Diderot e D’Alambert na segunda metade do século XVIII, indican o importante que foi para os Ilustrados a difusión do saber.
E que outras cousas propuxeron as/os ilustrados?
Acompáñanos nesta viaxe ao século XVIII:
- Oe ou descarga o audio do episodio en spreaker:
- Oe ou descarga o audio do episodio en ivoox.
- Oe ou descarga o audio do episodio en iTunes.
- Descarga directa do mp3
Ademais destas plataformas de podcast, quen o así o preferiren, poder ouvir este episodio a través de youtube.
https://www.youtube.com/watch?v=EzEjnHxSpsc
CRÉDITOS do episodio:
Música da sintonía: http://audionautix.com/ (The voyage, PennyWhistle, TriumphantReturn).
As músicas de Facemoshistoria:
https://musopen.org/
J. Haydn, Sinfonía nº 104 en D maior “Londres”:
https://musopen.org/music/1274/franz-joseph-haydn/symphony-no104-in-d-major-london-hobi104/