Todos os camiños conducen a Roma: a conquista romana da Península Ibérica

    1. Como se produciu a conquista romana da península Ibérica?
    2. Como organizaron os romanos este territorio?
    3. Que influencia tivo desde o punto de vista económico e social para as poboacións indíxenas da Península a súa incorporación ao mundo romano?
    4. Que se entende por romanización?

Non tes 20 minutos para te achegar á conquista romana da Península Ibérica? Seguro? Non pasa nada. Aquí te achegamos as conclusións finais do episodio, para que che fagas unha idea do que falamos, mais non perdas a oportunidade viaxar ao ano 218 a. C., desde onde ti quixeres.

  1. A conquista romana da Península Ibérica estendeuse ao longo de case 200 anos. Non foi un proceso continuo e sistemático; así podemos dividilo en 4 etapas, que abranguen desde o 218 a. C. até o 19 a. C. Estas serían a II Guerra Púnica, o século II até o 133 a. C., onde se ocuparían grande parte do interior, o período que se prolonga até o 29 a. C., e as guerras cantábras, que rematan a conquista entre o 29 ao 19 a. C.
  2. O obxectivo fundamental de Roma foi crear as condicións que lle permitise explotar economicamente este territorio, que deron en chamar Hispania. Co tempo procederon a unha organización administrativa, coa creación de provincias, conventos xurídicios e civitates, con funcións miitares, administrativas, e de recadación de impostos.
  3. A presenza romana na PI supuxo unha grande transformación da estrutura económica dos pobos pensinsulares, un gran desenvolvemento do sector primario, secundario e especialmente do terciario, froito da integración da Península Ibérica nas rutas comerciais do Imperio.
  4. A estrutura social tamén se modificou. A romana era unha economía e unha sociedade escravista. Os escravos, sobre todo até o Baixo Imperio, eran a base da produción. A sociedade podía divirse entre persoas libres: honestiores e humiliores, así coma grupos dependentes: colonos, libertos e por último os escravos.
  5. Produciuse un proceso de asimilación da cultura romana por parte das poboacións indíxenas, que se chama romanización. Os elementos fundamentais foron a imposición da lingua, o latín, o uso do dereito romano, a creación das cidades, o papel do exército como mecanismo de integración social e a relixión.

Recursos (para ler e profundar no tema)

Buscas un mapa da Hispania romana? Aquí o tes, un Google Maps da Antigüidade
Novas pistas sobre a conquista romana da Gallaecia
Mil lexionarios sós ante o perigo
Vistas aéreas do compamento romano de Penedo dos Lobos (Manzaneda)
Como foi a conquista romana da Gallaecia
Cando un castro agacha un tempo. Reflexións sobre un santuario galaicorromano dedicado ao deus Berobreo atopado no castro de Monte do Facho (Hío, Cangas do Morrazo).

Onde nos escoitar…

Escoita o meu podcast

Oe ou descarga o audio do episodio en spreaker:

Oe ou descarga o audio do episodio en ivoox.

Oe ou descarga o audio do episodio en iTunes.

Descarga directa do mp3

Ademais destas plataformas de podcast, quen o así o preferiren, poder ouvir este episodio a través da nosa canle en youtube.

E tamén en Spotify!

ImaxeHispania, segundo a Tabula Peutingeriana (ca. 250).

CRÉDITOS (todas as obras utilizadas utilízanse baixo a licenza Creative Commons, Atribución 3.0): Músicas da sintonía: District Four, de Kevin MacLeod (https://incompetech.com). Temptation March, de Jason Shaw (http://audionatix.com)

About José Antonio Martínez

Deixa un comentario

Previous

Os pobos prerromanos na Península Ibérica

A monarquía visigoda

Next