Piet Mondrian e a Composición número I con vermello e azul

“A arte non só continuará, senón que se realizará aínda máis. Por medio da unificación da arquitectura, da escultura e da pintura crearase unha nova realidade plástica.” — Piet Mondrian, 1937 O autor: Piet Mondrian Piet Mondrian, pintor neerlandés, naceu e medrou nun ambiente familiar estrito e moi relixioso, cun pai profesor, profesión que tamén … Ler máis

Picasso e o Guernica

A vida de Pablo Picasso: xenio e controversia Pablo Ruíz Picasso foi un artista que revolucionou a arte contemporánea e deixou unha pegada imborrable tanto pola súa obra como pola súa personalidade. Nacido en Málaga en 1881, a súa carreira estivo marcada por unha constante evolución estilística: desde a época azul e rosa até o … Ler máis

Pablo Picaso. O cubismo: As Señoritas de Avignon, Retrato de Ambroise Vollard e Natureza morta con reixa

Pablo Picasso Pablo Ruíz Picasso naceu no seo dunha familia onde a arte era parte fundamental: seu pai era profesor de pintura. Dende moi novo, Picasso destacou polo seu talento e recibiu unha formación académica sólida. Seguindo o camiño do seu pai, viviu en cidades como A Coruña e Barcelona, onde pasaba horas copiando obras … Ler máis

Wassily Kandinsky e Primeira acuarela abstracta

Wassily Kandinsky é unha figura clave na historia da arte moderna, pioneiro da abstracción e teórico que revolucionou a forma de entender a pintura. A el dedicamos o episodio de Historia Take Away, analizando a obra “Primeira acuarela abstracta”, considerada como a primeira obra pictórica abstracta (aínda que de maneira incorrecta). Wassily Kandinsky naceu en … Ler máis

Henri Matisse e A alegría de vivir

Matisse: a cor coma liberación Neste novo episodio de Historia Take Away achegámonos á figura de Henri Matisse, recoñecido por liderar o movemento fauvista e revolucionar o uso da cor na pintura. Henri Matisse naceu en Le Cateau-Cambrésis, Francia, en 1869, nunha familia acomodada. Inicialmente formouse como avogado, mais aos 21 anos descubriu a súa … Ler máis

Ernst Ludwig Kirchner e A Rúa

Ernst Ludwig Kirchner Ernst Ludwig Kirchner é unha figura fundamental do expresionismo alemán, recoñecido pola súa capacidade para transformar a realidade urbana en representacións subxectivas e emotivas. Neste episodio e Historia Take Away achegáremos ao Expresionismo alemán e a analizaremos a súa obra “A rúa”, unha das máis representativas do Expresionismo alemán. Nado en Alemaña … Ler máis

A Guerra Civil

Neste episodio non imos falar da Guerra Civil. Pero, que dis?, se se titula a Guerra Civil!!!

Ben, explícome un pouco mellor: non esperes que fale da guerra en si, do “conflito bélico”, das batallas, das frontes, do armamento. Non vai ser o que me vai ocupar: non porque non goste disto, que en verdade … non me atrae especialmente.