Un 10 de setembro de 1749 falecía a escritoria e física francesa Émilie du Châtelet. De seguro que non ouvistes falar dela, mais é considerada a primeira gran científica e matemática francesa, unha das mulleres máis destacadas da Ilustración na Francia do s. XVIII.
No episodio anterior falabamos da Ilustración, ese movemento intelectual que tivo o seu auxe no s. XVIII e que xogou un papel central nas transformacións que vai vivir a sociedade nese século e na configuración da Idade contemporánea.
Se ouvistes o episodio anterior, ou se vos achegades a un artigo sobre a Ilustración, ou mesmo as entradas que sobre este movemento hai na wikipedia en galego, ou na moito máis extensa en castelán, pódevos asaltar unha pregunta: U-las mulleres?