No ano en que na vila da Coruña se lle daba o nome do militar e mariño vigués Casto Méndez Núñez aos xardíns situados no ensanche da vila, co que xa comezaban a lle gañar terreo ao mar, un xornalista galés, nacionalizado estadounidense, Henry Morton Stanley, adentrábase no interior de África na busca do Dr. David Livingstone, un famoso explorador británico do que non se sabía nada desde había máis de 4 anos. O desexado encontro aconteceu en novembro de 1871, e o seu relato coñecémolo a través do artigo publicado por Stanley no New York Herald, que foi quen o enviou até África, así como dos diarios de Livingstone.
Obxectivo Birmania
Obxectivo Birmania é título dun filme militar americano ambientado II Guerra Mundial. Tamén é o nome dun grupo musical español pop que tivo o seu momento de gloria a fins da década dos 80. Mais para nós é a oportunidade de achegármonos a este país asiático. En decembro de 2021 coñecíamos a nova sobre a … Ler máis