Non pasamos as vacacións nun pazo, mais comezamos, ás portas de un, esta 2ª xeira de Facemos historia. Volvemos cun episodio apegado á actualidade. O Pazo de Meirás, a súa xestión por parte da Fundación Francisco Franco, a súa explícita intención de facer apoloxía do franquismo, as continuas e ilegais limitacións de acceso a un edificio declarado Ben de Interese Cultural, a errática actuación dos poderes públicos, en concreto da Xunta, lévanos a preguntar como chegamos até esta situación. Como chegou Franco e a súa familia a seren propietarios do Pazo de Meirás? Que hai de certo na súa doazón durante a Guerra Civil? Que papel xogou Pedro Barrié de la Maza? Doazón, expolio, saqueo ou botín de guerra?
De Sada saltamos a Sabadell, aínda que non para falar do procés. Que sabedes de Antonio Machado? Cal das súas obras é a que máis vos gosta? A quen lle poriades o nome dunha rúa da vosa vila? Que criterios seguiriades?
E de Catalunya viaxamos até Siria, volvendo por Córdoba. Que historia estudou o fillo da Tomasa? Que coñeces ti do Al-Ándalus? En que consiste a Reconquista? Por que os do chamado “estado islámico” falan dela?
Volvemos con moitas preguntas, mais non temos as respostas. Compartimos con vós as nosas reflexións dunha noite de verán.
Para a realización deste episodio seguimos a Carlos Babío e á Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña, (http://memoriadacoruna.com/14717-2).
Son múltiples os artigos sobre o informe encargado polo Ajuntament de Sabadell sobre o nomenclátor das rúas da súa vila, e aquí vos deixamos a ligazón a un deles, publicado por La Vanguardia.
Acompáñanos nesta viaxe ao verán informativo do 2017.
- Oe ou descarga o audio do episodio en spreaker:
- Oe ou descarga o audio do episodio en ivoox.
- Oe ou descarga o audio do episodio en iTunes.
- Descarga directa do mp3
Ademais destas plataformas de podcast, quen o así o preferiren, poder ouvir este episodio a través de Youtube.
CRÉDITOS (todas as obras utilizadas distribúense baixo a licenza Creative Commons):
Música da sintonía: http://audionautix.com/ (The voyage, PennyWhistle, TriumphantReturn).
AS MÚSICAS DE FACEMOS HISTORIA
- Cantares, Versión de Serrat
,polo grupo Nueva Sangre. - No-Do de 20 de setembro de 1954
Imaxe: Pazo de Meirás