Pancas, crises e bancarrotas: do Barça de Laporta ao Imperio hispánico do s. XVII

Non escoitaches aínda falar das pancas de Joan Laporta e das novas fichaxes do Barça? Si, isto é Facemos Historia, unha viaxe no tempo que agora tamén é un podcast deportivo. Xa será menos!

Aproveitamos toda esta polémica que se xerou a partir das pancas, o recurso financeiro que empregou o presidente do Barcelona para poder atopar liquidez e poder fichar xogadores neste mercado de verán de 2022, para viaxar até a Idade Moderna, onde este recurso xa fora utilizado polos Austria para conseguir diñeiro que lles permitise manter a súa custosa política exterior, que non era outra que manter o Imperio.

E descubrimos que non é todo tan sinxelo como nolo contan os libros de divulgación histórica, a maioría deles baseados nas investigacións levadas a cabo, na década dos 60 do século anterior, polo historiador modernista Antonio Domínguez Ortiz. Novos estudos matizan ou profundizan na orixe e funcionamento das bancarrotas e crises que marcaron a economía do Imperio Hispánico na Idade Moderna.

Se queres saber algo da busca da Champions por parte do Barça, pouco te poderemos aportar, mais se queres darte unha volta polas crises económicas na monarquía hispánica dos Austria, aquí atoparás:

  • O enfoque histórico tradicional herdado dos estudos de Antonio Domínguez Ortiz nos anos 60.
  • A influencia das crises económicas das dúas últimas décadas na comprensión e estudo dos fenómenos históricos.
  • As 6 bancarrotas que aconteceron na segunda metade do s. XVI e a primeira do XVII.
  • As 4 grandes crises económicas que se deron nos reinados de Filipe II, III e IV.

E se queres entender un pouco máis da situación financeira na que se atopa o FC Barcelona e as medidas tomadas polo seu presidente, Joan Laporta, que mellor que ver os vídeos que lle dedica Héctor Mohedano na súa canle de Youtube The Bankunptcy, un enfoque nada forofo dun economista. En especial, animaría a que visedes o publicado o 26 de xullo, pouco despois de acabar de gravar este episodio de Facemos Historia, onde explica como a entidade que presta o diñeiro ao Barça, Sixth Street, inviste un diñeiro co que non conta e que pediu prestado á banca de invetimento JP Morgan, que xa é o principal acreedor da entidade culé. Empresas facendo negocios con diñeiro que non forman parte do seu patrimonio, como os banqueiros xenoveses coa Coroa hispánica.

Recursos (para ler e profundar no tema)

Créditos

  • Himno do Barça: https://www.youtube.com/watch?v=MOxLboEpH3I
  • Nova de TVE onde se informa do voto a favor das pancas por parte da Asemblea do Barca: https://www.youtube.com/watch?v=uquHzj4-snE
  • Un youtuber culé expresando a súa opinión sobre as pancas ou créditos: https://www.youtube.com/watch?v=1ET3FgBYd44&t=558s
  • O himno desa competición que se xoga en Europa e que nos últimos anos gaña un equipo da capital do Estado, aínda que parece ser que por “sorte”: https://www.youtube.com/watch?v=ltcHzgUc944
  • O audio da RAC1 onde se mestura a retransmisión deportiva e os fenómenos paranormais máis propios de Cuarto Milenio: https://www.youtube.com/watch?v=wTyWHFJooJY

Créditos

Todas as obras utilizadas distribúense baixo a licenza Creative Commons:

Música da sintonía:

  • http://audionautix.com/ (The voyage, PennyWhistle, TriumphantReturn).

Fotografía da entrada do blog:

About José Antonio Martínez

Deixa un comentario

Previous

Obxectivo Birmania