
Entre 1870 e 1914 o mundo vive un período coñecido coma Paz Armada. Unha etapa delimitada por dúas guerras, a franco-prusiana de 1870 e a Grande Guerra, a I Guerra Mundial, que comeza en 1914. Malia o que indica o nome, non foi un período sen conflitos bélicos, que con diferente intensidade, terán lugar a longo das catro décadas. Con todo, as grandes potencias europeas evitarán enfrontamentos directos, ao tempo que tentarán aumentar as súas zonas de influencia, xa co control directo co expansión dos seus imperios colonias, xa a través dun dominio indirecto. E todo dentro dun período de constante rearme dos principais países.

Entre fins do 1884 e principios de 1885 os principais países europeos máis os EE.UU. reuníronse en Berlín. O obxectivo, nas palabras do organizador, Otto Von Bismark, chanceler de Alemaña, era promover a civilización dos africanos, abrindo o interior do continente ao comercio. Mais o que alí aconteceu foi a repartición dun continente, África, entre as principais potencias europeas. Para Asia non houbo unha conferencia xeral, mais a división e repartición entre os países europeos tamén tivo lugar.


