Os pobos prerromanos na Península Ibérica

Que pobos habitaban a Península Ibérica á chegada dos romanos? Quen foron os íberos? Existiron celtas na Península Ibérica? Galiza foi celta? Que ten que ver con todo isto a cultura castrexa?
Non tes 20 minutos para te achegar ao Neolítico peninsular? Seguro? Non pasa nada. Aquí te achegamos as conclusións finais do episodio, para que che fagas unha idea do que falamos, mais non perdas a oportunidade viaxar até o primeiro milenio, en concreto até o 218 a. C, desde onde ti quixeres.

  1. Baixo a denominación pobos prerromanos estamos a falar dunha grande variedade de pobos que habitaban na PI no primeiro milenio a. C., no período que se correspondería coa Idade do Ferro ou a Protohistoria peninsular.
  2. As principais fontes utilizadas polas/os historiadores para coñecer a vida destes pobos son a epigrafía, a arqueoloxía e a onomástica (toponimia, antroponimia e teonimia).
  3. Á chegada dos romanos á PI no marco da Segunda Guerra Púnica (218 a. C.), podemos falar da existencia de DÚAS ÁREAS HISTÓRICO-CULTURAIS, que agruparían a unha grande variedade de pobos: a área ÍBERA e a área CELTA ou INDOEUROPEA. O que as diferencia é a LINGUA e o sistema de ENTERRAMENTOS (a inhumación entre as poboacións íberas e a incineración entre as celtas).
  4. A área íbera é a resposta cultural indíxena aos estímulos dos colonizadores fenicios e gregos. Son pobos moi diferentes mais que terán en común a lingua, o desenvolvemento dunha especie de monarquía, a importancia do comercio na súa economía e que serán rapidamente absorbidos polos romanos. Existen dúas grandes áreas: a levantina e a zona sur.
  5. O segundo grande grupo de pobos integran a ÁREA INDOEUROPEA OU CELTA. É un termo esencialmente linguístico, xa que non todos os pobos son etnicamente ode orixe céltica. Teñen unha serie de aspectos comúns: o peso da gandaría e o menor do comercio fronte aos íberos, o papel da guerra na configuración da súa estrutura social, onde non atoparemos esa especie de monarquía, e o predominio da cremación como xeito de enterramento.
  6. A área indoeuropea ou celta dividímola en DOUS GRUPOS: os celtibéricos, o mundo propiamente céltico, que se estende polo centro e sur da PI, e os galaicos, onde se deu unha celtificación mais que conserva un forte substrato das poboación previa.
  7. Este é o momento onde se desenvolve na Galiza, na Gallaecia romana máis concretamente, a chamada CULTURA CASTREXA. Os castros supoñen a ocupación fixa do territorio e o desenvolvemento dun sistema de economía sedentaria.

Acompáñanos nesta viaxe ao á protohistoria peninsular.

Recursos (para ler e profundar no tema)

Onde nos escoitar…

Escoita o meu podcast

  • Oe ou descarga o audio do episodio en spreaker:
  • Oe ou descarga o audio do episodio en ivoox.
  • Oe ou descarga o audio do episodio en iTunes.
  • Descarga directa do mp3

Ademais destas plataformas de podcast, quen o así o preferiren, poder ouvir este episodio a través da nosa canle en Youtube.

E tamén en Spotify!

ImaxeCastro de Santa Tegra, A Guarda..

CRÉDITOS (todas as obras utilizadas utilízanse baixo a licenza Creative Commons, Atribución 3.0): Músicas da sintonía: District Four, de Kevin MacLeod (https://incompetech.com). Temptation March, de Jason Shaw (http://audionatix.com)

About José Antonio Martínez

Deixa un comentario

Previous

O Neolítico na Península Ibérica

Todos os camiños conducen a Roma: a conquista romana da Península Ibérica

Next