Obxectivo Birmania

Obxectivo Birmania é título dun filme militar americano ambientado II Guerra Mundial. Tamén é o nome dun grupo musical español pop que tivo o seu momento de gloria a fins da década dos 80. Mais para nós é a oportunidade de achegármonos a este país asiático.


En decembro de 2021 coñecíamos a nova sobre a condena de prisión de Aung San Suu Kyi. Líder do goberno democraticamente elixido e deposto tras un golpe militar en febreiro dese mesmo ano, era coñecida internacionalmente por ser Premio Nobel da Paz no ano 1991.
Este é o punto de partida que nos leva á historia deste país. Centrámonos no período do Imperialismo colonial, mais tentamos explicar como a historia deste país vai moito máis alá do período en que formaron parte do Imperio Británico. E falamos de por que ten varios nomes (Myanmar, Birmania ou Burma).

Se queres coñecer un pouco máis sobre a mudanza de nomes dos países, tes este artigo de National Geographic, ou este máis extenso da Wikipedia.

Por último, neste episodio falamos do George Orwell, o coñecido escritor británico que viviu en Birmania nunha época da súa vida, traballando na policía imperial durante 5 anos. A súa primeira novela, Os Días de Burma, foi escrita neste período. Podedes escoitala, na súa versión española (baixo o título La Marca), neste audio de Youtube.

Créditos

Todas as obras utilizadas distribúense baixo a licenza Creative Commons:

Música da sintonía:

  • http://audionautix.com/ (The voyage, PennyWhistle, TriumphantReturn).

Músicas do episodio:

  • Faces of Burma: A música é de Hlaing Win Maung, un instrumentista birmano.
  • Pawku, música instrumental dos Karen

Discurso de Aung San Suu Kyi na recollida do Premio Nobel da Paz (1991).

Fotos utilizadas nos capítulos do podcast:

About Admin

Deixa un comentario

Previous

A Guerra de Sucesión

Pancas, crises e bancarrotas: do Barça de Laporta ao Imperio hispánico do s. XVII

Next