O Neolítico na Península Ibérica

A que denominamos Neolítico? Cando tivo lugar? Que transformacións comportou? Existiu Neolítico na Galiza?
Neste episodio de Historia Take Away tentamos dar resposta a estas e a outras preguntas. Comezamos coa serie que nos vai levar ao longo deste curso polo Historia de España de 2º de Bacharelato, desde a Prehistoria até a actualidade.
-—
Non tes 20 minutos para te achegar ao Neolítico peninsular? Seguro? Non pasa nada. Aquí te achegamos as conclusións finais do episodio, para que che fagas unha idea do que falamos, mais non perdas a oportunidade viaxar ao Neolítico, desde onde ti quixeres.

  1. Co Neolítico o ser humano vai utilizar innovadoras técnicas de actuación sobre o medio físico controlándoo por medio da agricultura e gandaría.
  2. O Neolítico supón unha transformación total, unha revolución, das sociedades paleolíticas, que non so se limita á aparición da agricultura e da gandería, senón que vai supor unha certa sedentarización da poboacións, a aparición dos excedentes, o desenvolvemento dos intercambios comerciais, os inicios da xerarquización e da especialización das sociedades, ou o desenvolvemento de novos sistemas de crenzas.
  3. Na Península Ibérica o Neolítico ten un carácter alóctono, é dicir, vén de fóra, do Próximo Oriente chegarían comunidades neolíticas a través do Mediterráneo.
  4. O Neolítico peninsular estédese desde o 7400 BP até mediados do III milenio a. C. Estes catro mil anos divídense en 3 etapas: Neolítico Inicial, Medio e Final. O proceso de neolitización desenvolveuse con diferentes ritmos ao longo da Península Ibérica.
  5. Polo que respecta a Galiza, enténdese que as sociedades construtoras dos megálitos serían as que introducirían os cambios que denominados Neolítico. Isto acontecería na segunda metade do IV milenio BP.
  6. E ÚLTIMO E NON POR ISO MENOS IMPORTANTE, o Neolítico supuxo tamén unha modificación no sistema de crenzas, ideolóxico, coma se pode observar na arte rupestre e no Megalitismo, fenómeno que se desenvolve en diferentes zonas da Península Ibérica mais que se presenta de maneira singular en Galiza.

Acompáñanos nesta viaxe ao Neolítico peninsular.

Recursos (para ler e profundar no tema)

El neolítico en la Península Ibérica – CONOCER ESPAÑA
O Neolítico na Península: Desenvolvemento e materiais. Un material sintetizado en táboas sobre esta etapa.
Probas do Neolítico na Península Ibérica hai 7400 anos.
Os primeiros poboadores neolíticos da Península Ibérica
Pedras Miúdas, o “epicentro” do megalistismo en Galicia. De www.historiadegalicia.gal, un portal de referencia para quen goste da historia e da Galiza.
O Megalitismo na Galiza. Queres viaxar e achegarte aos monumentos megalíticos. Aquí atoparás un mapa que te permitirá acceder ao monumento que desexes coñecer.

Onde nos escoitar…

Escoita o meu podcast

  • Oe ou descarga o audio do episodio en spreaker:
  • Oe ou descarga o audio do episodio en ivoox.
  • Oe ou descarga o audio do episodio en iTunes.
  • Descarga directa do mp3

Ademais destas plataformas de podcast, quen o así o preferiren, poder ouvir este episodio a través da nosa canle en Youtube.

ImaxeDolmen de Meixoeiro, Mos.

About José Antonio Martínez

Deixa un comentario

Previous

Unha, grande e libre: a Historia de España en 2º de Bacharelato

Os pobos prerromanos na Península Ibérica

Next