Cal foi o contexto político, económico e social que está detrás da proclamación da II República? Que forzas políticas tomaron parte? Que ideoloxía e con apoios sociais contaron? Que características presenta a Constitución que aprobaron en 1931?
A estas e outras preguntas tentaremos dar resposta neste episodio.
Viaxamos até o ano 1931. Hoxe imos falar sobre o establecemento da II República.
Estamos coa Historia de España de 2º de Bacharelato. Maia esta entrada do blog non vai ser como as outras. Estamos ante un tema que corresponde á segunda parte da materia, a que abrangue a historia contemporánea.
Non se te vai avaliar desde o punto de vista teórico. Corresponde á práctica de ABAU.
Así, non che vou dar un tema para que o chapes e o soltes tal cal. É unha guía, que te axudará, SEGURO, a resolver unha composición de textos. E aquí atoparás as claves esenciais para facer fronte a este tema, “O establecemento da II República”.
Veña, imos.
Lembra unha cousa, importante:
Este tema corresponde á segunda parte da materia, a que abrangue a historia contemporánea.
Non se te vai avaliar desde o punto de vista teórico. Corresponde á práctica de ABAU.
Así, non che vou dar un tema para que o chapes e o soltes tal cal. É unha guía, que te axudará, SEGURO, a resolver unha composición de textos. E aquí atoparás as claves esenciais para facer fronte a este tema, “O establecemento da II República”.
As claves
Que se nos pide? CATRO cousas, así que imos centrármonos nelas:
- O proceso político que levou á implantación da II República;
- O contexto socioeconómico en que se produce;
- As distintas forzas políticas que participan, a súa ideoloxía e os seu apoios sociais,
- E, finalmente, as características da Constitución de 1931, a Constitución da República.
Xa sabedes, logo, disto é do que temos que escribir no comentario, centrándonos naqueles aspectos que nos presenten os textos. Claro que temos que saber o tema, mais temos que centrarnos nestes 4 aspectos.
Recursos (para ler e profundar no tema)
- Se precisas un resumo de todo o tema da II República, ben explicado, aquí o tedes, trazas ao departamento de historia do IES Agra de Orzán.
- Se buscades un exemplo de composición de textos resulta, aquí tedes os excelentes materiais que nos aporta o profesorado de historia do IES Eduardo Blanco Amor.
- Se gostades do audiovisual, coma non , un vídeo en youtube sobre o establecemento da II República (forzas políticas e constitución de 1931).
Onde nos escoitar…
- Oe ou descarga o audio do episodio en spreaker.
- Oe ou descarga o audio do episodio en ivoox.
- Oe ou descarga o audio do episodio en Apple Podcast.
- Descarga directa do mp3.
- Ademais destas plataformas de podcast, quen o así o preferiren, poder ouvir este episodio a través da nosa canle en Youtube.
- E tamén en Spotify.
- E non terás na túa casa un deses altofalantes “intelixentes”. Pois pídelle que che poña Historia Take Away e aí nos poderás tamén escoitar, porque estamos en TuneIn. Xa nin móbil precisas!
CRÉDITOS (todas as obras utilizadas utilízanse baixo a licenza Creative Commons, Atribución 3.0):
- Sintonía: District Four, de Kevin MacLeod (https://incompetech.com). Temptation March, de Jason Shaw (http://audionatix.com)
- RAJOY REMIX – Hilos españoles: (https://www.youtube.com/watch?v=2YPQXMph6P8)
- Imaxe: Portada do Faro de Vigo, do 15 de abril de 1931