Edouard Monet e “O almorzo campestre”

Listen to “Edouard Manet. O almorzo campestre” on Spreaker.

Viaxamos á segunda metade do século XIX, a un París convertido na centro artístico de Europa. E aquí nos encontramos con Édouard Manet e a súa obra “Almorzo campestre“, que é un paso revolucionario na historia da pintura occidental.
Pintanda en 1863, Manet pinta “Almorzo campestre” (Déjeuner sur l´herbe), é unha obra que actualmente podemos ver no Museo de Orsay (París) que o consagrou como precursor do Impresionismo. Nunha época de cambios, esta pintura foi revolucionaria, anticipando a arte posterior ao transgredir as normas establecidas.

Influencias dunha época de avances.

A obra de Manet e a dos seus contemporáneos estiveron influenciadas por:

  • As teorías da cor de Chevreul, que destacaban a percepción individual da cor.
  • A fotografía, que achegou novos enfoques visuais como os desenfoques.
  • O ferrocarril, que ampliou horizontes e introduciu a sensación de velocidade e a desaparición das contornas definidas.

Manet anticipou o Impresionismo, unha nova estética centrada na sensación e a impresión máis que na representación exacta da realidade. O tema da obra pasou a ser menos importante que a sensación que produce no espectador, buscando captar a realidade ao aire libre e utilizando os obxectos como excusa para representar a luz.
Tamén se caracteriza por unha pincelada construtiva e pastosa, sen debuxo definido.

Un escándalo chamado “Almorzo campestre”.

O cadro representa un almorzo no campo con catro figuras: dous homes vestidos e dúas mulleres, unha espida. A pesar da presenza de nus na historia da arte, esta obra xerou un enorme escándalo.
Manet buscaba o recoñecemento nos salóns oficiais, mais en 1863 “Almorzo campestre” foi rexeitado, xunto con outras 4000 obras, do Salón Oficial da Academia francesa.. A protesta foi tal que Napoleón III decidiu crear o “Salón dos rexeitados“, onde o público podía xulgar as obras.
Para a Academia, a obra de Manet non seguía as normas, empezando pola temática banal que non se centraba en temas bíblicos, históricos ou mitolóxicos. Ademais, as personaxes representadas eran identificables (o seu irmán, o seu cuñado e unha modelo), e a muller espida miraba directamente ao espectador, o que foi cualificado de case pornográfico, rompendo coa tradición de reservar o nu feminino a temas alegóricos.

Críticas á técnica e reinterpretación da tradición.

As críticas non se limitaron ao tema, senón que tamén se centraron na falta de capacidade técnica. Criticouse a figura da muller do fondo pola súa falta de perspectiva e tamaño desproporcionado, así como a falta de profundidade do fondo e unha luz pouco natural. Porén, o que inicialmente se criticou foi posteriormente valorado como un uso innovador da perspectiva aérea e unha ruptura coa perspectiva tradicional.
Manet coñecía ben as obras renacentistas como o “Xuízo de Paris” ou o “Concerto campestre” de Giorgione e buscaba realizar unha reinterpretación contemporánea destes temas, traéndoos á vida real.

Análise da obra: composición, cor e luz.

  • A composición presenta tres planos horizontais superpostos, buscando romper coa perspectiva tradicionais.
  • As figuras do plano medio forman un triángulo equilibrado que se abre ao espectador grazas á muller espida.
  • A obra utiliza manchas de cores planas (brancos, negros, verdes escuros, amarelos, azuis) con pinceladas intensas e pastosas, creando figuras sen volume, agás a muller espida.
  • A luz é irreal, case fotográfica ou similar á das estampas xaponesas, combinando zonas escuras e iluminadas.

Un precursor do Impresionismo.

A pesar de non pertencer ao movemento impresionista, Manet foi considerado polos seus contemporáneos como o seu precursor. En “Almorzo campestre” aprécianse características esenciais do Impresionismo como a pintura ao aire libre, os motivos cotiáns e a modificación da perspectiva. Renoir destacou a súa importancia comparándoo con Cimabue e Giotto para o Renacemento italiano.
A influencia desta obra foi tal que artistas como Monet e Picasso realizaron as súas propias reinterpretacións.

En definitiva, “Almorzo campestre” non só foi un escándalo no seu tempo, senón que marcou un punto de inflexión na historia da arte, liberando a pintura das limitacións académicas e abrindo o camiño a novas formas de expresión

Créditos

Todas as obras utilizadas distribúense baixo a licenza Creative Commons:

Música da sintonía:

  • http://audionautix.com/ (The voyage, PennyWhistle, TriumphantReturn).

Músicas do episodio:

Imaxe:

Deixa un comentario