No ano en que na vila da Coruña se lle daba o nome do militar e mariño vigués Casto Méndez Núñez aos xardíns situados no ensanche da vila, co que xa comezaban a lle gañar terreo ao mar, un xornalista galés, nacionalizado estadounidense, Henry Morton Stanley, adentrábase no interior de África na busca do Dr. David Livingstone, un famoso explorador británico do que non se sabía nada desde había máis de 4 anos. O desexado encontro aconteceu en novembro de 1871, e o seu relato coñecémolo a través do artigo publicado por Stanley no New York Herald, que foi quen o enviou até África, así como dos diarios de Livingstone.
Al-Ándalus: os musulmáns na Península Ibérica
Como se produciu a chegada do Islam á Península Ibérica? En cantas etapas poderiamos dividir a historia de Al-Ándalus? Por que se di que Al-Ándalus chegou a ser un referente político, económico e cultural na Europa occidental na Idade Media? Foi Galiza ocupada polos musulmáns? Non tes 25 minutos para te achegar ao al-Ándalus? Seguro? … Ler máis