No ano en que na vila da Coruña se lle daba o nome do militar e mariño vigués Casto Méndez Núñez aos xardíns situados no ensanche da vila, co que xa comezaban a lle gañar terreo ao mar, un xornalista galés, nacionalizado estadounidense, Henry Morton Stanley, adentrábase no interior de África na busca do Dr. David Livingstone, un famoso explorador británico do que non se sabía nada desde había máis de 4 anos. O desexado encontro aconteceu en novembro de 1871, e o seu relato coñecémolo a través do artigo publicado por Stanley no New York Herald, que foi quen o enviou até África, así como dos diarios de Livingstone.
José Antonio Martínez
#01.09. Por que? Por que? As causas da expansión imperialista no s. XIX
No último terzo do s. XIX as principais potencias europeas van consolidar un proceso de expansión territorial que os leva á creación de grandes imperios coloniais. O mundo, directa ou indirectamente, fica baixo o control de Gran Bretaña, Francia, Holanda, Portugal ou Alemaña, aos que se unen por primeira vez as potencias emerxentes de Estados Unidos ou Xapón, que van xogar un papel tan destacado nas seguintes décadas.
No noveno episodio preguntámonos sobre as causas desta expansión territorial e por que aconteceu nesta fin de século XIX. Presentaremos os variados factores económicos, demográficos, políticos e ideolóxicos que os/as historiadoras sitúan detrás deste proceso que muda as relacións a escala mundial, e das que aínda vivimos as súas consecuencias. Como ben expuxo Lenin no seu libro publicado en 1917 “O imperialismo, fase superior do capitalismo”, a historiografía destaca os factores económicos coma os principais para a explicación deste expansión e consolidación de imperios coloniais no s. XIX.
#01.06. A chegada dos Borbóns á península: absolutismo e centralización
A morte sen descendencia de Carlos II en novembro de 1700, supuxo a fin da rama española dos Austria, desencadeando un conflito armado a escala europea (e mesmo mundial) para determinar a súa sucesión á Coroa. Estamos a falar da Guerra de Sucesión, que se estendeu entre 1701 a 1714, cando as tropas borbónicas tomaron Barcelona o día 11 de setembro (aínda que nos manuais ou nalgunhas páxinas atopedes a fin da contenda no ano 1713, cando se asina polas potencias enfrontadas o Tratado de Utrecht). Na lembranza desta data ten lugar todos os anos a Diada (tamén chamda Diada de l’Onze de Setembre ou Diada Nacional de Catalunya), a festa oficial, nacional, de Cataluña. Un festa que nos últimos anos tomou unha especial repercusión ao ser aproveitada polo movemento independentista catalán para visibilizar o peso social das súas reclamacións por unha independencia de Cataluña do resto de España.
#01.05. Yes, we can! Liberalismo e no nacemento dos Estados Unidos
Este próximo novembro, como catro anos, coincidindo sempre en ano bisesto, nos Estados Unidos teñen lugar as eleccións presidenciais. Xa van alá 228 anos desde que tiveron lugar os primeiros comicios dos que saiu elixido George Washington como primeiro presidente desta nación. Xa choveu moito, non?
#01.04. A Ilustración: luces e sombras
Un 10 de setembro de 1749 falecía a escritoria e física francesa Émilie du Châtelet. De seguro que non ouvistes falar dela, mais é considerada a primeira gran científica e matemática francesa, unha das mulleres máis destacadas da Ilustración na Francia do s. XVIII.
No episodio anterior falabamos da Ilustración, ese movemento intelectual que tivo o seu auxe no s. XVIII e que xogou un papel central nas transformacións que vai vivir a sociedade nese século e na configuración da Idade contemporánea.
Se ouvistes o episodio anterior, ou se vos achegades a un artigo sobre a Ilustración, ou mesmo as entradas que sobre este movemento hai na wikipedia en galego, ou na moito máis extensa en castelán, pódevos asaltar unha pregunta: U-las mulleres?
#01.03. Benvidas á Era da Razón! O século das Luces
A Ilustración foi un movemento intelectual e cultural que nace a mediados do s. XVII, tendo o seu apoxeo no XVIII, até o punto de ser este considerado como o século das Luces ou o século da Ilustración.
#01.02. As transformacións económicas no s. XVIII
Aínda que pareza paradoxal, o século XVIII foi un século de crise, mais tamén de desenvolvemento económico. Porque como etimoloxicamente indica a palabra, a crise foi unha mudanza, un cambio dunha estrutura social, económica política e cultural, que xa non era capaz de dar resposta ás necesidades da poboación.