#01.18.A historia non é para fanboys: A Revolución Rusa

ManifestaciónAFavorDeLaRepúblicaPetrogrado1917--russiainrevolut00jone

100 anos. Xa pasou un século desde a revolución rusa. Falando así parece que só houbo unha, a de outubro de 1917, a bolxevique, a que deu paso ao primeiro estado comunista da historia. Mais a revolución rusa foi un longo proceso, que hai quen o estende case 100 anos, desde as revoltas de 1860 até a morte de Stalin en 1953, e quen prefire circunscribila aos primeiro cuarto de século, desde as revoltas universitarias de principios de século até a morte de Lenin en 1924. O que é certo é que durante este período van ter lugar, cando menos, tres revolucións: a de 1905, a de febreiro de 1917 e a xa citada de outubro dese ano.

Segue lendo#01.18.A historia non é para fanboys: A Revolución Rusa

#01.17. Nin allea nin neutral. A Primeira Guerra Mundial e Galiza

36-U-Boot-Kriegskarte_von_Europa_(1916)

Entre 1914 e 1918 tivo lugar un conflito que mudou o mundo: A Grande Guerra, con maiúsculas, unha guerra cunha intensidade como non existira outra antes; unha guerra total, co resultado de 13 millóns de mortos. A Primeira Guerra Mundial foi unha guerra iniciada polas potencias europeas e desenvolvida fundamentalmente en solo europeo. Foi a entrada en 1917 dos EE.UU. o que lle aportou o carácter extraeuropeo ao conflito, aínda que estes viñesen loitar a Europa. Mais o que verdadeiramente lle outorgou á contenda o carácter mundial é que os principais estados enfrontados eran posuidores de grandes imperios transoceánicos.

Segue lendo#01.17. Nin allea nin neutral. A Primeira Guerra Mundial e Galiza

#01.16. Quen foi Sofia Casanova? A historia e a muller, entre a desmemoria e o esquecemento

Lo_eterno._Sofía_Casanova._Madrid,_1917._1ª_edición._Imprenta_Prensa_Popular._Director_Jose_de_Urquia

Sofía Casanova narrou de primeira man a I Guerra Mundial aos lectores do diario ABC. Foi a primeira muller contratada coma correspondente fixa, e desenvolveu o seu labor para este xornal madrileño entre 1915 e 1944. En Polonia, en Bielorrusia e en Moscova vivirá algúns dos acontecementos que marcan o século XX: a xa citada Grande Guerra, a Revolución Rusa e o inicio da Segunda Guerra Mundial. Poderiamos salientar o seu papel coma muller precursora nun mundo, o do xornalismo, até ese momento practicamente monopolizado polos varóns, mais entendemos que, sería, de xustiza, lembrala coma un modelo de xornalista comprometida: transmite unha visión unha visión propia, nada pregada nin compracente co poder, e que non se sente allea ni mera espectadora do mundo que lle tocou vivir e narrar. Con todo, Sofía continúa a ser unha grande esquecida, non reivindicada por ninguén.

Segue lendo#01.16. Quen foi Sofia Casanova? A historia e a muller, entre a desmemoria e o esquecemento

#01.15. O suicidio de Europa. 1914. O inicio da Grande Guerra

 

Archduke_Franz_with_his_wife

O 28 de xuño de 1914 eran asasinados en Saraievo o arquiduque Francisco Fernando, herdeiro da coroa austrohúngara e a súa dona Sofía Chotek. Dise que as últimas palabras de Francisco Fernando foron: “Non pasa nada, non pasa nada”. Mais os acontecementos que se sucederon despois parece que non lle deron a razón, até o punto de que foi se ser cualificado coma “o asasinato que mudou a historia”, ou máis concretamente coma “o asasinato que iniciou a Primeira Guerra Mundial”. Mais foi este atentado o causante da Grande Guerra?

Segue lendo#01.15. O suicidio de Europa. 1914. O inicio da Grande Guerra

#01.14. Vaia lío! Os amigos dos meus amigos son os meus amigos. A Paz Armada

Bosnian_Crisis_1908.jpg

Entre 1870 e 1914 o mundo vive un período coñecido coma Paz Armada. Unha etapa delimitada por dúas guerras, a franco-prusiana de 1870 e a Grande Guerra, a I Guerra Mundial, que comeza en 1914. Malia o que indica o nome, non foi un período sen conflitos bélicos, que con diferente intensidade, terán lugar a longo das catro décadas. Con todo, as grandes potencias europeas evitarán enfrontamentos directos, ao tempo que tentarán aumentar as súas zonas de influencia, xa co control directo co expansión dos seus imperios colonias, xa a través dun dominio indirecto. E todo dentro dun período de constante rearme dos principais países.

Segue lendo#01.14. Vaia lío! Os amigos dos meus amigos son os meus amigos. A Paz Armada

#01.13.Non eramos negros. Consecuencias do Imperialismo colonial

G._Bruno_-_Le_Tour_de_la_France_par_deux_enfants_p188

O mundo mudou no s. XIX. Asistimos a unha verdadeira revolución en todos os eidos: demográfica, agrícola, industrial, política, de transportes, etc. Nada volverá ser o mesmo. E o planeta vai ser repartido, colonizado, entre as principais potencias mundiais, na súa práctica totalidade europeas. África e Asia, coas súas singularidades, van vivir/sufrir esta transformación radical, coa particularidade de vir imposta desde o exterior. Convértense en sociedades e economías dependentes, minusvaloradas no cultural até o punto de se cuestionar a propia identidade. A civilización do mundo foi a imposición da cultura europea, onde os intereses económicos primaron sobre calquera outro. Non eramos negros, eramos só persoas, conta Shirley Campbell Bar. As consecuencias do Imperalismo colonial foron múltiples e chegan até os nosos días. Collamos un mapamundi e acheguémonos aos desequilibrios Norte-Sur, ao Terceiro Mundo.

Segue lendo#01.13.Non eramos negros. Consecuencias do Imperialismo colonial

#01.12. Tortas e a tortas. A repartición do mundo no s. XIX

IMGCDB82_-_Caricatura_sobre_conferencia_de_Berlín,_1885Entre fins do 1884 e principios de 1885 os principais países europeos máis os EE.UU. reuníronse en Berlín. O obxectivo, nas palabras do organizador, Otto Von Bismark, chanceler de Alemaña, era promover a civilización dos africanos, abrindo o interior do continente ao comercio. Mais o que alí aconteceu foi a repartición dun continente, África, entre as principais potencias europeas. Para Asia non houbo unha conferencia xeral, mais a división e repartición entre os países europeos tamén tivo lugar.

Segue lendo#01.12. Tortas e a tortas. A repartición do mundo no s. XIX