Mínimos para unha historia de Galiza

Non vivimos alleos á realidade do que está a acontecer en Catalunya, ou mais ben no conxunto do Estado, mais non imos dedicar o noso episodio ao tema, case monotema e que provoca longas e acendidas discusións. Facemos historia e gostamos da historia, polo que nos chamou a atención que non fixo falla agardar moito …

Segue lendoMínimos para unha historia de Galiza

Pazos, prazas e califatos

Non pasamos as vacacións nun pazo, mais comezamos, ás portas de un, esta 2ª xeira de Facemos historia. Volvemos cun episodio apegado á actualidade. O Pazo de Meirás, a súa xestión por parte da Fundación Francisco Franco, a súa explícita intención de facer apoloxía do franquismo, as continuas e ilegais limitacións de acceso a un …

Segue lendoPazos, prazas e califatos

#01.23.Guía para non se perder: historia e podcasts

Captura de pantalla 2017-08-07 a las 19.46.50

Chegou o verán, un tempo ideal para nos mergullar non só nas moitas praias do noso país, senón tamén nos podcasts. Co noso móbil e uns auriculares ábresenos un mundo de posibilidades.
E con este epiodio 23 chega ao seu fin unha primeira tempada na cal viaxamos no tempo, do século XV ao XXI, así como de París a Ourense ou de Tanzania aos Estados Unidos.
Calquera momento é bo para escoitar podcast, mais este próximo mes e medio son ideais para descubrir novos programas aos que ao longgo destes meses non puidemos chegar. E co afán divulgativo que nos caracteriza, adentrámonos no mundo do metapodcasting, para vos presentar e falar un chisquiño dos podcast de historia que máis se escoitan, segundo os datos de Itunes España.

Segue lendo#01.23.Guía para non se perder: historia e podcasts

#01.22. Martiño Lutero para dummies … e para ateos

Autograf,_Martin_Luther,_Nordisk_familjebok

Achegámonos a unha das figuras máis controvertidas do s. XVI, tanto en vida como despois de morto. Herexe para uns, apóstolo e profeta para outros, Martiño Lutero marca un antes e un despois na historia da igrexa, mais tamén da historia de Europa.
Cando un 1 de novembro de 1517, do cal se cumpren este ano o 500 aniversario, Martiño Lutero crava na porta da igrexa do palacio de Wittenberg as súas 95 teses non estaba a pensar en constituír unha nova igrexa cristiá nin posiblemente en rebelarse contra as autoridades relixiosas. A historiografía entende que Martiño Lutero estaba a expor as súas inquedanzas relixiosas e teolóxicas, onde o tema das indulxencias ocupaba un papel central.

Segue lendo#01.22. Martiño Lutero para dummies … e para ateos

#01.21.Expediente Reis Católicos: Doma, nación e mucho españoles

Quadruple_en_or_à_l'effigie_d'Isabelle_et_Ferdinand_les_monarques_catholiques

Éche perigoso achegarse a historia do reinado dos Reis Católicos. E non o digo eu, así se pronuncia o historiador Pegerto Saavedra na obra Historia das Historias de Galicia, publicado pola Editorial Xerais. É un tema que levanta moitas paixóns, desde quen ven nel o período fundacional da nación española, a quen lle atribúe todos os males da postración e desaparición na práctica do reino de Galiza. Debátese e discútese sobre este período con tanta o máis vehemencia que nun Celta-Depor ou nun Madrid-Barça.

Segue lendo#01.21.Expediente Reis Católicos: Doma, nación e mucho españoles

#01.20. 1467: Galiza ceibe, poder popular. Os irmandiños

castelo_da_rocha_forte_torrec3b3n_e_muro_oeste

Un 25 de abril de 1467 producíase a toma e o derrubamento de Castelo Ramiro, en Ourense. Hai, exactamente, 550 anos, unha data redonda, mais que pasou inadvertida tanto para os medios de comunicacións como para a axenda institucional do noso país.
E por que é tan importante este acontecemento? Castelo Ramiro é a primeira das máis de 130 fortalezas medievais, castelos señoriais, que serán derrubados por un movemento popular coñecido coma os Irmandiños. Esta gran revolta, esta revolución irmandiña, gobernará Galiza durante dous anos, entre 1467 e 1469, alterando a estrutura social da Galiza medieval. Por primeira vez na historia de Galiza será o conxunto da poboación, autoorganizada na Xunta Xeral do Reino de Galiza, a que concentre todo o poder, executivo, lexislativo e xudicial.

Segue lendo#01.20. 1467: Galiza ceibe, poder popular. Os irmandiños

#01.19. 1919. O inicio do s. XX

signatures_du_traitc3a9_de_versailles_28_juin_1919_-_page_213
Tratado de Versalles. Sinaturas.

En 1919 as potencias vencedoras da Primeira Guerra Mundial reuníanse en París para negociar os termos dos acordos de paz. Dicimos ben, as potencias vencedoras, porque para a reconstrución de Europa e do mundo non foron convidados nin os países neutrais na guerra nin moito menos os países derrotados, con Alemaña á cabeza, que só foron chamados para coñecer os acordos tomados. Foi unha “paz de vencedores”, nada inclusiva, que acordaron os presidentes dos EE.UU., Francia e Gran Bretaña. Italia, que formaba parte do Consello dos Catro, retirouse coa sensación de que fora enganada, ao non aceptar os outros países os seus desexos territoriais na costa adriática.

Segue lendo#01.19. 1919. O inicio do s. XX