As grandes reformas da República

Cales foron as principais reformas que se levaron a cabo na II República española? Cales foron os motivos que levaron o goberno republicano foi o motivo para abordar e impulsar estas reformas? Que consecuencias tiveron? Ten algunha relación este ambicioso programa de reformas co golpe militar do 36 e o estalido da Guerra Civil?
A estas e outras preguntas tentaremos dar resposta neste episodio.

A II República é sinónimo de grandes reformas

A II República (1931-1936) é un período marcado polas grandes reformas que se abordan e que van afectar a todos os ámbitos da sociedade, da economía, da política, da cultura, e mesmo do pensamento.
A proba ABAU non busca que coñezamos de maneira teórica este período e as súas etapas. Por suposto que temos que coñezalas, mais este non é o enfoque que se lle pretende dar ao tema. Que se nos pide, entón?

  1. Que falemos das causas das reformas, da súa evolución e das súas consecuencias.
  2. Que nos centremos nas principais reformas: a relixiosa, a militar, a agraria, a territorial e a educativa. Se miras no teu manual, se buscan apuntamentos en internet, verás que houbo máis, como a laboral, por exemplo. Mais cómpre centrármonos nestas CINCO, non o esquezas, sobre todo se o teu obxectivo, o que che trouxo até aquí, e resolver con acerto a proba ABAU.

Refomas e Bienio Reformista non é o mesmo

Partamos, logo, destas ideas:

  1. A II República é unha etapa que se vai caracterizar por unhas reformas, estas 5 que mencionei, a uns problemas fondos, estruturais, de España, e que xa viñan, como veremos, de moito tempo antes, remontándose mesmo a principios do s. XIX.
  2. O Bienio Reformista (1931-33), tal como indica o seu nome, é o momento en que se van propor a maioría destas reformas. Mais veremos que algunha delas xa se iniciaran na etapa anterior, a do goberno provisional. Con todo, comprobaremos coma estas reformas paralizaranse maioritariamente na etapa do Bienio de Dereitas, tamén chamado Bienio Negro ou Rectificador. Fronte a esta segunda etapa da II República, que abranguerá do 1933 ao 1936, o seguinte período, froito da vitoria electoral da Fronte Popular, virá marcado polo importante pulo ao proceso reformador, aínda que sen os resultados esperados a causa do golpe de estado.
  3. As reformas puñan en cuestión o status quo existente, as bases do poder dos grupos dominantes da España do momento. As élites sociais, políticas e económicas, que gobernaron España no período da Restauración, e mesmo antes, van enfrontarse abertamente coa República, estando detrás da oposición ás reformas emprendidas o golpe militar no 36 e na Guerra Civil.

Pois se queres saber as principais características das grandes reformas da República, viaxa con nós até a España de 1931.

Recursos (para ler e profundar no tema)

  • Comezamos por algo visual, as Reformas da Segunda República a través dun Prezi. Grazas á profesora Ana Martín Moreno.
  • E que máis visual que un vídeo: o profesorado galego e youtube ao rescate. Descoñezo o nome do profesor, mais agradecemos os seus materiais.
  • Outro vídeo, este de só 41 segundos, quen dá menos!, sobre a Reforma Agraria. É da serie Memoria de España, que xa sabes que podedes acceder a ela a través das redes (nunca está de máis mirala).
  • Xa o botábades en falta, e aquí o tedes: un resumo escrito do tema, grazas ao profesor Humberto Martínez Gargamala, do IES Sánchez Cantón (Pontevedra).
  • Queredes profundar algo máis sobre o significado da reforma educativa da II República? Veña, aquí tedes a ligazón á páxina do blog Los ojos de Hipatia.
  • E para finalizar, unha composición de texto resolta. Directa do IES Porta da Auga. Xa sabedes, este tipo de exercicios serven de inspiración, de orientación. Por favor! Non intentedes chapar un comentario, mais fíxades como o enfoca.

Onde nos escoitar…

  • Oe ou descarga o audio do episodio en spreaker.
  • Oe ou descarga o audio do episodio en ivoox.
  • Oe ou descarga o audio do episodio en Apple Podcast.
  • Ademais destas plataformas de podcast, quen o así o preferiren, poder ouvir este episodio a través da nosa canle en Youtube.
  • E tamén en Spotify.
  • E non terás na túa casa un deses altofalantes “intelixentes”. Pois pídelle que che poña Historia Take Away e aí nos poderás tamén escoitar, porque estamos en TuneIn. Xa nin móbil precisas!

CRÉDITOS (todas as obras utilizadas utilízanse baixo a licenza Creative Commons):

  • Músicas da sintonía (Creative Commons Attribution 3.0): District Four, de Kevin MacLeod (https://incompetech.com), Temptation March, de Jason Shaw (http://audionatix.com).
  • Imaxe: Alegoría da Segunda República, litografía de S. Dura segundo o eseño de J. Barrera (Arquivo Histórico Nacional, Sección Guerra Civil, Salamanca).

About José Antonio Martínez

Deixa un comentario

Previous

O establecemento da II República

Economía e sociedade na Galicia dos Austria

Next