As crises baixomedievais

Escoita o meu podcast

Por que se produciu un brusco descenso da poboación no s. XIV? Que sectores económicos se viron afectados pola crise na Baixa Idade Media? Que motivou a forte conflitividade social neste período? Quen foron os Irmandiños?

Non tes 25 minutos para te achegar á península Ibérica na Baixa Idade Media? Non pasa nada. Aquí te achegamos as conclusións finais do episodio, para que che fagas unha idea do que falamos, mais non perdas a oportunidade viaxar até a Idade Media peninsular, desde onde ti quixeres.

Quédate con estes 7 puntos:

  1. Nos séculos XIV e XV, asistimos nos reinos peninsulares, coma en toda Europa a unha fonda crise económica, social e política.
  2. Ten un lugar un brusco descenso da poboación. Do crecemento nos séculos anteriores, pasouse a unha fonda crise demográfica, froito duns recursos que non eran capaces de manter a esa poboación en aumento.
  3. A esta caída da poboación uníuselle unha crise agraria, cunha importante caída da produción e o abandono de terras de cultivo. Este descenso non só afectará o rural, senón que as cidades se verán fortemente afectadas ao non poder alimentar á súa poboación. As actividades artesanais, o comercio, tamén se verán freados e as medidas levadas a cabo polos gobernantes para manter os seus ingresos (aumento dos impostos, créditos, devaliación da moeda) non farán máis que acentuar a crise económica.
  4. Os propietarios da terra, os membros dos estamentos privilexiados, nobreza e clero, verán moi afectadas as súas rendas. A nobreza, intentará, por todos os medios ao seu alcance, fundamentalmente o uso da forza, aumentar os seus ingresos, participando activamente en sublevacións e guerras, para obter un botín, mais sobre todo, baixo o pretexto da inseguridade xeral, apropiarse dos bens dos mosteiros e de particulares, así como impor cargas gravosas sobre os seus servos ou directamente recorrendo ao roubo e exaccións.
  5. A crise, e especialmente o abuso do poder feudal dos señores, provocará o grande rexeitamento do campesiñado e do mundo urbano, até chegar a grandes revoltas antiseñoriais, que teñen lugar nos diferentes reinos peninsulares, como a Revolta Foránea de Mallorca, Busca e a Biga de Barcelona, o Conflito Remensa en Cataluña ou os progroms contra as xudeus desde fins do s. XIV.
  6. Será a Revolta Irmandiña o expoñente destas revoltas antiseñoriais, contra os abusos e malfeitorías dos señores. Durante dous anos, de 1467 a 1469, o movemento irmandiño, composto por labregos e habitantes das cidades, conseguirán expulsar de Galiza aos principais señores feudais, derrubando máis de 130 fortalezas, desde onde se cometían os abusos contra a poboación.
  7. E último, a crise demográfica, económica, a conflitividade social, tamén veu acompañada dunha crise política, un momento de cambio, de forte conflitividade bélica, de guerras civís, que rematarán co futuro nacemento dos Estados modernos.

Recursos (para ler e profundar no tema)

  • Queres ter en papel o tema? Non te preocupes, mira todo o que de entrada podes atopar na web, coma este resumo, do profesor Humberto Martínez Gargamala, do IES Sánchez Cantón de Pontevedra, ou estas preguntas xa redactadas, e mesmo presentacións sobre as crises do período baixomedieval, centrándose na Revolta Irmandiña.
  • Se queredes profundar sobre a Revolta Irmandiña, e non queredes ler máis, aqúi tedes un vídeo dunha conferencia de Carlos Barros, profesor de Historia Medieval da USC: Vencedores e vencidos na revolta irmandiña.
  • Mais como sei que o voso son os podcasts, aquí tedes o que menciono neste episodio e que leva por título “1467. Galiza ceibe, poder popular. Os Irmandiños”, que poderes escoitar en Facemos Historia;
  • E como afectou a Peste Negra na nosa terra? Aquí un artigo de prensa de La Voz de Galicia Llega a Baiona la muerte negra. E un mapa onde podes ver a expansión da Peste Negra por Europa entre 1347 e 1351.

Onde nos escoitar…

  • Oe ou descarga o audio do episodio en spreaker.
  • Oe ou descarga o audio do episodio en ivoox.
  • Oe ou descarga o audio do episodio en Apple Podcast.
  • Descarga directa do mp3
  • Ademais destas plataformas de podcast, quen o así o preferiren, poder ouvir este episodio a través da nosa canle en Youtube.
  • E tamén en Spotify.
  • E non terás na túa casa un deses altofalantes “intelixentes”. Pois pídelle que che poña Historia Take Away e aí nos poderás tamén escoitar, porque estamos en TuneIn. Xa nin móbil precisas!

CRÉDITOS (todas as obras utilizadas utilízanse baixo a licenza Creative Commons, Atribución 3.0):

About José Antonio Martínez

Deixa un comentario

Previous

Monarquía feudal e sociedade estamental

A nova monarquía dos Reis Católicos

Next