A crise socioeconómica do s. XVII

Que provocou que os reinos hispánicos entrasen en recesión e contracción económica no s. XVII? Por que se produciu un descenso da poboación nos territorios hispánicos, en especial no reino de Castela? Víronse todos os sectores económicos afectados por igual na crise do s. XVII? Cales foron os problemas da Facenda real e que consecuencias tiveron?

Non tes 20 minutos para asistir á grande crise que impactou nos territorios dos reinos hispánicos no s. XVII? Non pasa nada. Aquí tes, por escrito, as conclusións finais do episodio. Mais se queres escoitar un pouco máis sobre a crise da coroa hipánica, non perdas a oportunidade viaxar até ao século XVII, desde onde ti quixeres.

Quédate con estes 8 puntos:

  • O século XVII, mais en concreto entre 1580 e 1680, os reinos da Coroa hispánica, en especial Castela, van sufrir unha crise económica e social, un período de contracción económica e de recesión.
  • As causas da crise proceden da propia política imperial levada a cabo no s. XVI por Carlos I e Filipe II, que levou os gastos da Coroa a unha cantidade inasumible, o que lles obrigou a se endebedar a través de empréstitos coa banca estranxeira e ao aumento da débeda pública.
  • Outras causas que están detrás da crise son a inflación producida froito da chegada masiva do ouro e a prata americana, a errada política monetaria da Coroa, a mentalidade rendista do clero e a nobreza ou a competencia de países extranxeiros, coma Inglaterra ou Provincias Unidas.
  • Os reinos hispánicos viviron un século de crise demográfica, de descenso de pobación, pasando de 8 millóns a 7 ou 7 millóns e medio a finais de século. A chamada “triloxía do desastre”, a fame provocada polas malas colleitas, as vagas de epidemias de peste e as guerras foron as que a provocaron. A isto uniuse a expulsión dos mouriscos en 1609 e á emigración ás Indias. O reino de Castela foi o máis afectado, incidindo especialmente no interior, concentrándose a poboación nas zonas costeiras pensinsulares.
  • A economía deteriorouse. A crise afectou a todos os sectores da economía. Por unha banda, a crise do agricultura, cunha sucesión de malas colleitas e o descenso da man de obra (descenso da poboación e expulsión dos mouriscos). Tamén se veu afectada a gandaría bovina trashumante. Por outra banda, produciuse unha importante caída da produción artesanal, afectada pola falta de competitividade fronte a unha produción extranxeira que inundiu o mercado, así como os efectos negativos que tivo a inflación e a política monetaria levada a cabo pola coroa. Por último, a actividade comercial resentiuse. A balanza comercial dos reinos foi deficitaria. Fronte a unhas exportacións basedas nas materias primas (la castelá), a importación de produtos manufacturados converteron aos comerciantes de Castela nuns simples intermediarios destes produtos tanto na península coma fundamentalmente en América.
  • Foron repetidos os problemas da Facenda real. Fronte ao elevado gasto da política imperial, produciuse un desceso dos ingresos pola crise económica. Para facer fronte ás necesidades, a Coroa optou por desvalorización a moeda, acuñando grande cantidade de moedas de vellón (aliaxe de cobre e prata), o que provocou un aumento da inflación, agravándose as dificultades económicas, o que finalmente tamén lles impediu obter recursos para devolver os empréstitos solicitados para manter a política imperial, o que provocou a declaración de bancarrota en 6 ocasións durante o s. XVII.
  • A crise económica provocou a perda do papel hexémico da Coroa hispánica en Europa a partir de 1640. Paradoxalmente, nunha sociedade onde triunfou o inmobilismo social, impondose a mentalidade rendista da nobreza e clero, a arte e a literatura tivo unha grande auxe, falándose do Século de Ouro da cultura española.
  • E último, obsérvase unha recuperación da economía a partir de 1680, cunha diminución das crisesde subsistencia, unha recuperación da poboación e da produción agrícola. As medidas monetarias deflacionistas de Carlos II axudaron a estabilizar o mercado interior e a se recuperar a economía.
  • Recursos (para ler e profundar no tema)

    Se o que buscas é deixarte de rollos, e queres ter en papel o tema, estás de sorte!! A web e, sobre todo, o profesorado que imparte aulas de Historia de España de 2º de Bacharelato, comparten contigo o seu traballo. Así tes este, ou este, ou estoutro. Que queres máis? Aquí tes outro máis.

    Onde nos escoitar…

    • Oe ou descarga o audio do episodio en spreaker.
    • Oe ou descarga o audio do episodio en ivoox.
    • Oe ou descarga o audio do episodio en Apple Podcast.
    • Descarga directa do mp3
    • Ademais destas plataformas de podcast, quen o así o preferiren, poder ouvir este episodio a través da nosa canle en Youtube.
    • E tamén en Spotify.
    • E non terás na túa casa un deses altofalantes “intelixentes”. Pois pídelle que che poña Historia Take Away e aí nos poderás tamén escoitar, porque estamos en TuneIn. Xa nin móbil precisas!

    CRÉDITOS (todas as obras utilizadas utilízanse baixo a licenza Creative Commons, Atribución 3.0):

    Músicas:

    • Sintonía: District Four, de Kevin MacLeod (https://incompetech.com). Temptation March, de Jason Shaw (http://audionatix.com)

    Imaxe:

    A expulsión dos mouriscos, do pintor Vicente Carducho (1627), wikipedia

    About José Antonio Martínez

    Deixa un comentario

    Previous

    A configuración do Imperio español no s. XVI

    O valimento do Conde-Duque de Olivares e a crise da monarquía

    Next