Que territorios herdou Carlos de Habsburgo, que o converteron na cabeza do imperio máis grande visto en Europa? Cales foron os obxectivos que guiaron a acción do emperador, Carlos V? Que mudanzas aconteceron no imperio hispánico de Carlos V a Filipe II? A que problemas tivo que facer fronte Filipe II? A estas e outras preguntas tentaremos dar resposta neste episodio.
Non tes 25 minutos para te achegar á creación e expansión do imperio hispánico no s. XVI? Non pasa nada. Aquí tes, por escrito, as conclusións finais do episodio. Mais se queres escoitar un pouco máis sobre o Imperio hispánico en época de Carlos I e Filipe II, non perdas a oportunidade viaxar até ao século XVI, desde onde ti quixeres.
Quédate con estes 5 puntos:
- Con Carlos de Habsburgo, Carlos I, iníciase a dinastía dos Austria en España. Entre 1515 e 1519 vai recibir un grande herdanza territorial. Por parte da nai vai recibir o reino de Castela (incluídas as Indias, é dicir, os territorios de América), o reino de Navarra e algunhas prazas no Norte de África, todo de súa avoa materna, Sabela I de Castela. De seu avó Fernando o Católico, herda a coroa de Aragón, Sardeña, o reino de Nápoles e Sicilia. Pola parte paterna, herda da súa avoa María de Borgoña, o Franco Condado e Borgoña. E por último, de seu avó paterno, o emperador Maximiliano de Austria, recibe territorios en Austria, sucedéndoo coma emperador do Sacro Imperio Xermánico, ao ser elixido en 1519.
- Carlos vai reinar sobre un amplísimo, heteroxéneo e dispar conxunto de reinos e territorios, cada un dos cales vai conservar a súa singularidade e institucións. Na súa persoa realízase a unión dinástica que tanto buscaran os Reis Católicos.
- Todos os seus esforzos converxeron en exercer de emperador, Carlos V. Presentábase coma cabeza da Universitas Chistiana e defensor fidei, e o seu programa político consistiu en manter a hexemonía en Europa e defender a ortodoxia católica. Para isto tivo que vencer a Francia e ao propio papado; enfrontarse aos príncipes alemáns que buscaban a autonomía dos seus territorios, nun momento do nacemento do estado nación en Europa e da auxe e expansión do protestantismo. Por último, Carlos V fixo fronte e freou á invasión dos turcos no leste e Europa.
- Carlos abdicou en 1555. Seu fillo, Filipe II, herdou todos os territorios do pai agás os de Austria e o título imperial, que pasaron a man do seu tío Fernando. Rei dun grande imperio, moito máis extenso co do seu pai, o centro deste vai ser a Coroa de Castela, que é a que vai ter unha maior peso e poder político. Filipe dirixirá o Imperio hispánico desde a Corte, que con el se fixa en Madrid.
- Os obxectivos políticos continuaron a ser manter a hexemonía política en Europa e defender a ortodoxia católica. Mais para isto, Filipe II tivo que facer fronte a una serie de novos problemas e circunstancias.
- A rebelión de Flandres. Flandres, unha das 17 provincias dos Países Baixos, levantouse contra o autoritarismo do rei e contra a imposición da ortodoxia católica a través da Inqusición, nun territorio onde tivera moita expansión o protentastismo (en concreto, o calvinismo). A man dura, a represión, non tivo éxito e en 1579 as provincias do norte, chamadas Provincias Unidas ou “Unión de Utrecht”, baixo o liderado de Guillermo de Orange, separábanse da coroa. Pola súa banda, as provincias do sur, de maioría católica, a Unión de Arras, permanecían baixo a soberanía do rei Filipe.
- A incorporación de Portugal. Morto o rei portugués sen descendencia, Filipe II reclamou o trono. Unindo o traballo diplomático e a fortaleza militar, en 1581 foi recoñecido rei de Portugal polas Cortes lusas, aceptando manter as institucións propias deste reino. Así, conséguese, por unha banda, o control de toda a Península, e por outra a incorporación do imperio portugués, con territorios en América e no Índico, que converten verdadeiramente á Monarquía hispánica “no reino onde nunca se puña o sol”.
- A guerra contra Inglaterra: Inglaterra, aliada da monarquía hispánica desde os Reis Católicos, convértese en inimiga de Filipe II. Neste enfrontamento temos motivos relixiosos (o anglicanismo), como políticos, entre os que destaca o apoio británcio aos rebeldes nos Países Baixos ou a execución da raíña de Escocia, a católica María Estuardo, enfrontaron a Filipe coa nova raíña, Sabela I. Mais tamén motivacións económicas, constatable na acción de piratas e corsarios contra as colonias americanas e a frota hispánica no Atlántico, promovidos pola coroa inglesa. En 1588, houbo unha tentativa, que resultou un fracaso absoluto, de invadir navalmente Gran Bretaña, coñecida coma a Grande Armada. Os enfrontamentos cos británicos serán constantes no resto do reinado, como é boa proba o ataque británico á península o ano seguinte, tamén infrutuoso, que se dirixirá contra Lisboa, as Azores ou A Coruña.
Recursos (para ler e profundar no tema)
- Se o que buscas é deixarte de rollos, e queres ter en papel o tema, estás de sorte!! A web e, sobre todo, o profesorado que imparte aulas de Historia de España de 2º de Bacharelato, comparten contigo o seu traballo. Así tes este, ou este, ou estoutro. Que queres máis? Aquí tes un e outro máis.
- Que é o que queres saber é como de grande era o imperio español do s. XVI? Que cres que é unha exaxeración o de que era o máis grande este ese momento en Europa? Tamén tiña dúbidas, mais as referencias son moitas: como era de grande lonxitudinalmente, un top 4 dos imperios máis extensos da historia (), ou a wikipedia, onde poder achegarte a un bo conxunto de datos e mapas.
Onde nos escoitar…
- Oe ou descarga o audio do episodio en spreaker.
- Oe ou descarga o audio do episodio en ivoox.
- Oe ou descarga o audio do episodio en Apple Podcast.
- Descarga directa do mp3
- Ademais destas plataformas de podcast, quen o así o preferiren, poder ouvir este episodio a través da nosa canle en Youtube.
- E tamén en Spotify.
- E non terás na túa casa un deses altofalantes “intelixentes”. Pois pídelle que che poña Historia Take Away e aí nos poderás tamén escoitar, porque estamos en TuneIn. Xa nin móbil precisas!
CRÉDITOS (todas as obras utilizadas utilízanse baixo a licenza Creative Commons, Atribución 3.0):
Músicas:
- Sintonía: District Four, de Kevin MacLeod (https://incompetech.com). Temptation March, de Jason Shaw (http://audionatix.com)
- Missa Gaudeamos, de Joaquin Des Prez (https://musopen.org/music/10395-missa-gaudeamus/)
Imaxe:
O imperio hispánico no s. XVI, wikipedia