Achegámonos a unha das figuras máis controvertidas do s. XVI, tanto en vida como despois de morto. Herexe para uns, apóstolo e profeta para outros, Martiño Lutero marca un antes e un despois na historia da igrexa, mais tamén da historia de Europa.
Cando un 1 de novembro de 1517, do cal se cumpren este ano o 500 aniversario, Martiño Lutero crava na porta da igrexa do palacio de Wittenberg as súas 95 teses non estaba a pensar en constituír unha nova igrexa cristiá nin posiblemente en rebelarse contra as autoridades relixiosas. A historiografía entende que Martiño Lutero estaba a expor as súas inquedanzas relixiosas e teolóxicas, onde o tema das indulxencias ocupaba un papel central.
A través da vida de Lutero achegámonos a vida cultural e relixiosa da Europa do s. XVI, reflexionamos sobre o papel da biografía como xénero historiográfico, e mostramos a dificultade que existe para marcar unha liña clara entre o relixioso e o político, nun mundo onde os ambos os dous ámbitos estaban tan mesturados que o Papa actuaba e reclamaba a súa autoridade política e o Emperador e outros reis reivindicaban a súa hexemonía relixiosa.
Neste episodio falamos, tamén, da Biblia en galego, publicada pola Editorial SEPT, e da que temos unha versión para dispostivos móbiles:
A Biblia. Novo Testamento: versión Kindle – versión epub
Para máis recursos contades coa web http://www.abibliagalega.com/
Se queredes achegarvos ao mundo protestante a través dun podcast de gran calidade, http://www.cambio180.com, producido polo produtor dun dos podcast sobre podcasting máis destacadas en fala hispana http://viapodcast.fm
E se queredes profundar un pouco máis sobre a vida de Martiño Lutero, recomendámosvos a biografía elaborada por Thomas Kaufmann, Martin Lutero: vida, mundo palabra, publicada pola Editorial Trotta neste ano 2017.
Acompáñanos nesta viaxe á Alemaña de 1517.
Oe ou descarga o audio do episodio en spreaker:
Oe ou descarga o audio do episodio en ivoox.
Oe ou descarga o audio do episodio en iTunes.
Descarga directa domp3
Ademais destas plataformas de podcast, quen o así o preferiren, poder ouvir este episodio a través de youtube.
CRÉDITOS (todas as obras utilizadas distribúense baixo a licenza Creative Commons):
Música da sintonía: http://audionautix.com/ (The voyage, PennyWhistle, TriumphantReturn).
CRÉDITOS (todas as obras utilizadas distribúense baixo a licenza Creative Commons):
Música da sintonía: http://audionautix.com/ (The voyage, PennyWhistle, TriumphantReturn).
AS MÚSICAS DE FACEMOS HISTORIA
- Johann Sebastian Bach: Ich habe genug, BWV 82 , pola Bach-Archiv Leipzig.
Imaxe: sinatura de Martiño Lutero. Cortesía de wikipedia