#01.19. 1919. O inicio do s. XX

signatures_du_traitc3a9_de_versailles_28_juin_1919_-_page_213
Tratado de Versalles. Sinaturas.

En 1919 as potencias vencedoras da Primeira Guerra Mundial reuníanse en París para negociar os termos dos acordos de paz. Dicimos ben, as potencias vencedoras, porque para a reconstrución de Europa e do mundo non foron convidados nin os países neutrais na guerra nin moito menos os países derrotados, con Alemaña á cabeza, que só foron chamados para coñecer os acordos tomados. Foi unha “paz de vencedores”, nada inclusiva, que acordaron os presidentes dos EE.UU., Francia e Gran Bretaña. Italia, que formaba parte do Consello dos Catro, retirouse coa sensación de que fora enganada, ao non aceptar os outros países os seus desexos territoriais na costa adriática.
Redebuxouse o mapa mundial. Mais non só foron mudanzas nas fronteiras, da Grande Guerra saíron as liñas mestras do mundo actual, até o punto de se considerar que coa súa fin comeza, verdadeiramente, o s. XX.
Alemaña, a grande derrotada, acatará mais non aceptará o acordado en Versalles. Isto vai ter fondas repercusións a curto prazo, personificadas no ascenso de Hitler. Con todo, a historiografía non se pode dicir que Versalles e os outros tratados de paz da Grande Guerra provocaran irremediablemente a Segunda Guerra Mundial. O que se decidiu en París de 1929, considerado como unha puñada polas costas pola maioría da opinión pública alemá, servirá a Hitler para utilizalo coma arma propagandística, no seu ascenso cara ao poder.

Neste episodio falamos, tamén, de Decote, o podcast diario de Agos Reigosa. Podedes subscribirvos en https://altp.podbean.com/feed/

Para o apartado das Músicas en Facemos Historia, seguimos El Blog de Manuel Cerdá.

E se queredes profundar un pouco máis sobre a Primeira Guerra Mundial, recomendámosvos dúas obras que presentan o conflito, as súas causas e consecuencias, dun xeito ameno e con gran rigor:
Todo Lo Que Debe Saber Sobre La Primera Guerra Mundial, de Jesús Hernández, Ed. Nowtilus.
La Gran Guerra de The History Channel Iberia, Plaza & Janes, 2013.
Acompáñanos nesta viaxe ao París de 1919.

 

Oe ou descarga o audio do episodio en spreaker:
Oe ou descarga o audio do episodio en ivoox.
Oe ou descarga o audio do episodio en iTunes.
Descarga directa do mp3

Ademais destas plataformas de podcast, quen o así o preferiren, poder ouvir este episodio a través de youtube.
https://www.youtube.com/watch?v=vXqHyLxggGE

CRÉDITOS (todas as obras utilizadas distribúense baixo a licenza Creative Commons):

Música da sintonía: http://audionautix.com/ (The voyage, PennyWhistle, TriumphantReturn).

AS MÚSICAS DE FACEMOS HISTORIA

Fotrografía: Sinaturas do Tratado de Versalles

About José Antonio Martínez

3 comentarios en “#01.19. 1919. O inicio do s. XX”

Deixa un comentario

Previous

#01.18.A historia non é para fanboys: A Revolución Rusa

#01.20. 1467: Galiza ceibe, poder popular. Os irmandiños

Next