O 28 de xuño de 1914 eran asasinados en Saraievo o arquiduque Francisco Fernando, herdeiro da coroa austrohúngara e a súa dona Sofía Chotek. Dise que as últimas palabras de Francisco Fernando foron: “Non pasa nada, non pasa nada”. Mais os acontecementos que se sucederon despois parece que non lle deron a razón, até o punto de que foi se ser cualificado coma “o asasinato que mudou a historia”, ou máis concretamente coma “o asasinato que iniciou a Primeira Guerra Mundial”. Mais foi este atentado o causante da Grande Guerra?
Neste episoio asomámonos ás causas que están detrás deste conflito armado que deixará, á súa fin, case 13 millóns de mortos. Entre as múltiples causas das que aínda discute a historiografía actual, centrarémonos nos tres grandes enfrontamentos que están detrás da política de alianzas internacionais da época e do inicio do conflito: a do Imperio austrohúngaro fronte ao Imperio ruso, a de Francia contra Alemaña, e a desta última contra Gran Bretaña.
As principais potencias europeas embarcáronse nun conflito, que pensaban curto e vitorioso. A posibilidade dunha guerra non parecía tan destrutiva para que todos resultasen perdedores e que a vitoria, ao final non significase nada. Asistimos ao comezo da Grande Guerra. Un auténtico suicidio.
Acompáñanos até 1914.
- Oe ou descarga o audio do episodio en spreaker:
- Oe ou descarga o audio do episodio en ivoox.
- Oe ou descarga o audio do episodio en iTunes.
- Descarga directa do mp3
Ademais destas plataformas de podcast, quen o así o preferir, pode ouvir este episodio a través de youtube.
AS MÚSICAS DE FACEMOS HISTORIA
Música da sintonía: http://audionautix.com/ (The voyage, PennyWhistle, TriumphantReturn).
Sinfonía nº 5 de Gustav Mahler: https://musopen.org/music/2806/gustav-mahler/symphony-no-5/