#01.11. Dr. Livingstone, supoño? A expansión colonial británica en África

henry_morton_stanley_meeting_david_livingstone_at_ujiji_in_wellcome_v0006855

No ano en que na vila da Coruña se lle daba o nome do militar e mariño vigués Casto Méndez Núñez aos xardíns situados no ensanche da vila, co que xa comezaban a lle gañar terreo ao mar, un xornalista galés, nacionalizado estadounidense, Henry Morton Stanley, adentrábase no interior de África na busca do Dr. David Livingstone, un famoso explorador británico do que non se sabía nada desde había máis de 4 anos. O desexado encontro aconteceu en novembro de 1871, e o seu relato coñecémolo a través do artigo publicado por Stanley no New York Herald, que foi quen o enviou até África, así como dos diarios de Livingstone.

A partir da personalidade polifacética do Dr. David Livingstone, escocés de nacemento, exemplo de home feito a si mesmo, que gozou de grande fama durante a súa vida e converteuse en heroe do Imperio Británico despois da súa morte, reflexionamos sobre a expansión e colonización británica no continente africano na segunda metade do s. XIX. Grandes exploracións, avances médicos, fervor relixioso e posicionamentos éticos: David Livingstone é un bo exemplo de todos eles, mais a súa vida e a súa acción non se podería entender sen reflexionar sobre os intereses políticos e económicos que levaron a Gran Bretaña a se converter no imperio colonial máis extenso neste período.

Nunha época onde as potencias occidentais estimulararon as grandes exploracións xeográficas arredor do mundo, Livingstone destaca como un dos máis importantes exploradores, senón o máis senlleiro, dos que desenvolveron o seu labor na segunda metade do s. XIX. Ademais desta faceta, Livingstone, que cursou a carreira de medicina, entre outros avances, aportou unha medicina, a base de quinina, que permitiu aos europeas contrarrestar os efectos da doenza da malaria.

Non poderiamos entender a acción do Dr. Livingstone sen abordar a súa fundamentación relixiosa: foi, en esencia, un misioneiro. Neste episodio falamos da relación entre expansión do cristianismo (protestantismo, coma o Doutor, ou católico) e a explotación por parte dos europeos dos contientes africano e asiático. Mais Livingstone tamén é lembrado como un gran promotor da abolición da escravitude e do tráfico de persoas, que tanta influencia  tivo na opinión pública británica na segunda metade do s. XIX. Con todo, o actual estudo actual dos seus diarios, que ben nos narra o documental de National Geographic “El diario perdido del Doctor Livingstone” amosa como non todo foi tan idealizado coma a imaxe que se ofreceu del tras a súa morte, até ser considerado coma un heroe do Imperio británico.

Acompáñanos até as beiras do lago Tanganika, a novembro de 1871.

  • Oe ou descarga o audio do episodio en spreaker:
  • Oe ou descarga o audio do episodio en ivoox.
  • Oe ou descarga o audio do episodio en iTunes.
  • Descarga directa do mp3

Ademais destas plataformas de podcast, quen o así o preferiren, poder ouvir este episodio a través de youtube.

https://www.youtube.com/watch?v=Q0bhMbExz6Q

CRÉDITOS do episodio:

Música da sintonía:

 

http://audionautix.com/ (The voyage, PennyWhistle, TriumphantReturn).

As músicas de Facemoshistoria:

Concerto para clarinete e orquestra en la maior (K. 622) de W. A. Mozart:  https://musopen.org/music/2354/wolfgang-amadeus-mozart/clarinet-concerto-in-a-major-k-622/

 

About José Antonio Martínez

Deixa un comentario

Previous

#01.09. Por que? Por que? As causas da expansión imperialista no s. XIX

#01.12. Tortas e a tortas. A repartición do mundo no s. XIX

Next