#01.09. Por que? Por que? As causas da expansión imperialista no s. XIX

1024px-imperial_federation2c_map_of_the_world_showing_the_extent_of_the_british_empire_in_1886_28levelled29

No último terzo do s. XIX as principais potencias europeas van consolidar un proceso de expansión territorial que os leva á creación de grandes imperios coloniais. O mundo, directa ou indirectamente, fica baixo o control de Gran Bretaña, Francia, Holanda, Portugal ou Alemaña, aos que se unen por primeira vez as potencias emerxentes de Estados Unidos ou Xapón, que van xogar un papel tan destacado nas seguintes décadas.
No noveno episodio preguntámonos sobre as causas desta expansión territorial e por que aconteceu nesta fin de século XIX. Presentaremos os variados factores económicos, demográficos, políticos e ideolóxicos que os/as historiadoras sitúan detrás deste proceso que muda as relacións a escala mundial, e das que aínda vivimos as súas consecuencias. Como ben expuxo Lenin no seu libro publicado en 1917 “O imperialismo, fase superior do capitalismo”, a historiografía destaca os factores económicos coma os principais para a explicación deste expansión e consolidación de imperios coloniais no s. XIX.

Avances científicos e médicos, como a descuberta da quinina, van permitir aos europeos adentrarse e asentarse por primeira vez na historia no interior do continente africano e asiático, facendo fronte a doenzas coma a malaria. Mais será os avances técnicos, en concreto, a tecnoloxía millitar, o que fará imparable a conquista de novos territorios, facendo inútil a oposición da poboación local.

Tamén atoparemos xustificacións ideolóxicas para esta conquista. Aplicáse a teoría da evolución ás sociedades e as culturas, e enténdese que existen unhas culturas superiores e outras inferiores, destinadas a ser submetidas, como mal menor, ou a  simplemente perecer. Tamén se defenden teorías científicas sobre a desigualdade natural das razas: a superioridade do “home branco” fronte ao resto das razas do planeta. Estas teorías, que na actualidade sabemos que non teñen ningunha base científica, serán levadas ao paroxismo polos nazis durante a II Guerra Mundial, xustificando así o holocausto xudeu e o exterminio das poboacións doutras razas.

Como ben sabedes, isto das razas é un concepto moi relativo, unha construción social. Ti de que raza es? Ou máis ben, ti de que pantone es? Faite esta pregunta observando o blog de Angélica Dass. Sabiades que segundo o American Journal of Physical Antrophology os galegos non comparten o mesma cor de pel que andaluces ou habitantes da costa peninsular mediterránea?
Neste episodio facemos preguntas, ás que tentamos dar resposta. Mais tal como escribiu G. Bernard Shaw, gustaríanos poder dicir:

“Algunhas persoas ven as cousas como son, e din: Por que?

Eu soño as cousas que nunca foron, e digo: Por que non?”.

  • Oe ou descarga o audio do episodio en spreaker:
  • Oe ou descarga o audio do episodio en ivoox.
  • Oe ou descarga o audio do episodio en iTunes.
  • Descarga directa do mp3

Ademais destas plataformas de podcast, quen o así o preferiren, poder ouvir este episodio a través de youtube.

CRÉDITOS do episodio:

Música da sintonía: http://audionautix.com/ (The voyage, PennyWhistle, TriumphantReturn).

A música permite seguirnos a facer preuntas, da man do grupo Va-Nu-Pieds, co extracto da cación “Pourquoi” https://www.youtube.com/watch?v=yeUNuAmZEO8; así como do moi coñecida peza de Annie Lennox, Why: https://www.youtube.com/watch?v=ORyhMwDUPPw

About José Antonio Martínez

Deixa un comentario

Previous

#01.06. A chegada dos Borbóns á península: absolutismo e centralización

#01.11. Dr. Livingstone, supoño? A expansión colonial británica en África

Next